Cangas finaliza o curso de formación en márketing para praceiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Concello de Cangas, no marco das “Subvencións a Concellos de Galicia para a mellora dos mercados municipais e prazas de abastos” previsto no programa operativo FEDER Galicia 2007-2013 (Orde do 12 de marzo de 2014), realizou diferentes actuacións formativas e de asesoramento dirixidas aos vendedores/as da praza de abastos de Cangas.

Estas actividades desenvolveronse en diferentes dependencias municipais, sala de Xuntas da Praza de Abastos, na Casa de oficios Lorenzo Corbacho e nas instalacións da Axencia de Desenvolvemento Local, sempre adaptándose ás necesidades e preferencias dos/as praceiros/as.

Aos cursos de merchandising de ventas, difusión e publicidade e atención ao cliente asistiron un total de 58 persoas, distribuidas ao longo do período de formación previsto para este mes de novembro (17/11/2014-25/11/2014) segundo se desprende do seguinte cadro:

Días impartición actividades formativas

Nº Asistentes

17/11/2014

27

19/11/2014

8

21/11/2014

6

24/11/2014

12

25/11/2014

5

A concelleira de Mercado, Berta Pérez, aclara que estas actividades formativas permitirán potenciar o comercio desta figura clave do sector galego, convertendo os mercados e prazas de abastos un pouco máis competitivos.

27 de novembro de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.