Cándido Pazó pechará os Venres Teatrais da Laracha co seu espectáculo “Decameron. Historias para tempos ruíns”
O humorista vigués Cándido Pazó será o protagonista da última das funcións do ciclo Venres Teatrais da Laracha, que se pechará esta semana co espectáculo titulado Decameron. Historias para tempos ruíns.
O polifacético cómico adapta o texto clásico de Giovanni Baccaccio, facendo unha viaxe á Florencia do século XIV, que está asolada pola enfermidade que o autor compara coa crise económica actual.
O espectáculo ten unha duración de setenta e cinco minutos durante os cales a música orixinal, deseño lumínico e sonoro, a videocreación e a escenografía serán os fieis acompañantes de Cándido Pazó.
A función representarase na Casa da Cultura da Laracha a partir das 21:00 horas, con entrada libre e gratuíta para o público.











