Campaña de compostaxe no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O concello do Carballiño, en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense e a empresa Sogama, pon en marcha unha campaña de compostaxe, para achegar esta forma de reciclaxe a todas as familias do Carballiño que o desexen.

Para participar na mesma deberán solicitar a inscrición na campaña, a través dun escrito que lles será facilitado na oficina de Medio Ambiente do concello carballiñés, situado na planta baixa, parte traseira, da Casa Consistorial.

Entre os requisitos para acceder a este composteiro están o ter a primeira residencia familiar no Carballiño, non dispor xa na casa doutro composteiro fornecido pola Deputación ou Sogama, ter un espazo verde onde colocar o recipiente, e asistir a unha sesión formativa de como usar este composteiro, charla que se impartirá no propio concello.

Mentres dure esta campaña o persoal da empresa Todoverde, pasase ou chamase ás familias que participan na mesma, para asesorar e coñecer o seguimento da campaña.

4 de novembro de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.