Cambre fallará os premios do XXXI Certame de Pintura este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O Concello de Cambre fallará este sábado o TRIXÉSIMO PRIMEIRO CERTAME DE PINTURA CONCELLO DE CAMBRE, dotado con 5.000 euros para o primeiro premio, 3.000 euros para o segundo e dous accésit. Este sábado reúnese o xurado que está formado por ANTÓN PULIDO, DARIO BASSO, SALVADOR JORROTO, SOIDADE PENALTA e FELIPE SENÉN.

A entrega de premios terá lugar o día 12 de decembro, ademais o xurado seleccionará, segundo permitan as dimensións da sala de exposicións, un número de obras que destaquen polo seu valor artístico dentro do conxunto de pezas a concurso para a súa exhibición en casa da Cultura “Vila Concepción”, desde o día da presentación do fallo do xurado ata o 31 de xaneiro de 2015. Realizarase un catálogo no que se incluirán as fotografías das obras seleccionadas. As obras correspondentes ao primeiro e ao segundo premio, pasarán a formar parte do Patrimonio Cultural do Concello.

12 de novembro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.