Cambre crea o primeiro proxecto participativo que xurde das asociacións que integran o Consello Sectorial de Benestar Social
No mes de novembro dará comezo o primer proxecto participativo que xurde das asociacións que integran o Consello Sectorial de Benestar Social. As asociacións que forman parte do Consello Sectorial, promoven recollidas solidarias de alimentos en varias parroquias e centros educativos ó longo de todo o mes de novembro. A veciñanza organízase tras observarse a necesidade de buscar vías de autoabastecemento para a Despensa Municipal de alimentos de Cambre pola escasez de determinados produtos. Segundo o alcalde, Manuel Rivas, este é o primeiro proxecto conxunto acordado entre os membros do primeiro consello sectorial de Benestar Social que xurde da participación cidada.
Campañas xerais e campañas específicas
Cada campaña vai orientada ou ben a alimentos non perecederos en xeral, ou ben a produtos máis específicos como o leite ou as latas de conserva de especial urxencia para poder dar servizo ás preto de 200 familias e 645 persoas que na actualidade fan uso da Despensa Municipal.
Centros educativos e Parroquias
7 centros educativos
9 parroquias representadas
17 asociacións participando xuntas
“Coa participación de todos/as construiremos unha sociedade mellor”.











