Calvo anima os mariñeiros galegos a demostrar que non son os piratas de Europa
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, participou hoxe na inauguración do II Congreso de Sostenibilidade Social e Económica do Sector Pesqueiro que se celebra hoxe e mañá na lonxa coruñesa.
Durante a súa intervención, Calvo salientou o importante proceso de cambio que viviu o sector en Galicia e que demostra que os nosos mariñeiros non son “os piratas de Europa”. O titular provincial animou os presentes a seguir traballando polo ben dos recursos ao tempo que nos despachos se loita para garantir a continuidade deste mercado.
Na inauguración tamén participaron o alcalde da cidade, Carlos Negreira, a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, e o secretario xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Andrés Hermida, ademais de Severino Ares, presidente da lonxa e do Fremss (Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social) que organiza o congreso. Acudiron tamén outras autoridades como o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique Losada.











