Cabanelas brindou co viño novo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Festa do viño en Cabanelas

Festa do viño en Cabanelas

A parroquia carballiñesa de Cabanelas, celebrou este domingo o seu XVII edición da Festa do Viño, brindando con este ribeiro carballiñés, gozado por preto de 600 persoas, que non quixeron perderse esta nova edición. Acompañando ao viño, os veciños de Cabanelas ofrecían castañas para o aperitivo, e chourizos, carne o caldeiro e polbo para a comida.

Un ano máis non faltaron a esta cita os veciños da provincia de Pontevedra, que encheron máis dun autobús para acudir a esta festa desde as Rías Baixas até o interior ourensán.

O alcalde de O Carballiño, Argimiro Marnotes, acompañado das edís de Turismo e de Industria, brindaron cos asistentes desexando un gran futuro a esta festa, e agradecendo aos veciños de Cabanelas o traballo realizado para esta nova edición, que contou con todo o apoio da concellaría de Turismo do Carballiño.

Como en anos anteriores os comensais celebraron a nova colleita de Cabanelas, da que se serviron uns 400 litros, sendo o sentir de todos os asistentes que cada ano se superan os adegueiros desta zona do Ribeiro carballiñés.

23 de novembro de 2014 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.