Caballero impulsa unha ordenanza que obrigaría a todos os concelleiros a publicar o seu patrimonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

O Concello de Vigo contará cunha nova ordenanza de transparencia que obrigará a que todos os concelleiros publiquen o seu patrimonio na páxina web municipal. Así o avanzou hoxe Caballero quen confiou en que esta iniciativa teña o respaldo “unánime” dos grupos para a súa próxima aprobación en Pleno.

O alcalde deu as instruccións precisas para a elaboración dunha nova ordenanza de transparencia que esixa aos concelleiros publicar o seu patrimonio na páxina web municipal. Trátase, explicou, do mesmo sistema que xa funciona no Goberno de España e confiou en que esta iniciativa obteña un respaldo “unánime” para a súa aprobación en Pleno. Tal e como explicou, o Concello de Vigo ten un índice de transparencia “elevadísimo”, cunha puntuación de cen sobre cen nalgúns ámbitos, como a contratación.

26 de novembro de 2014 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.