Bruno Nieto desvela os segredos de produción de El Quid na Farixa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Salón de actos do CIFP A Farixa acolle este venres a ponencia de Bruno Nieto nas II Xornadas Cultura en Produción, unha iniciativa desenvolvida desde o módulo de Xestión de Espectáculos e Eventos que pretende achegar ao alumnado da Farixa e o público interesado os pormenores da produción audiovisual, de primeira man, a través da voz dos seus protagonistas.

A primeira destas xornadas desenvolverase este venres 28 de novembro no Salón de Actos do CIFP A Farixa ás 11.30 horas, e terá como protagonista á webserie “El Quid”, un proxecto rodado integramente en Ourense e que contou coa participación de moitas das caras máis coñecidas do audiovisual galego.

Todas as charlas son gratuítas e abertas ao público interesado e terán lugar no Salón de Actos do CIFP A Farixa.

27 de novembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.