publicidade hoxe

Boiro organiza un amplo programa con motivo do Día contra a Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

O Centro de Información á Muller do Concello de Boiro (CIM), adscrito ao departamento dos Servicios Sociais con motivo do DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ten previsto organizar as seguintes actividades:

Conferencias nos distintos IES do Concello, así como unha aberta en xeral para todos/as os/as que queiran participar, as seguintes:
PREVENCIÓN VIOLENCIA DE XÉNERO PARA XÓVENES, en colaboración coa Secretaria Xeral de Igualdade: o obxetivo é concienciar aos xóvenes en materia de violencia e evitar as consecuencias negativas que iso acarrea:

20 de novembro:ás 12.45h no IES A Cachada
21 de novembro:ás 11.40h no IES Espiñeira
25 de novembro:ás 9.20h no IES Praia Barraña
26 de novembro:ás 18.00h. no Centro Social de Escarabote (aberta a todo     público).

MASTERCLASS DE ZUMBA NA PRAZA DO CONCELLO DE BOIRO

Por outra banda o martes 25 de novembro ás 18:00 h. na Praza do Concello, en colaboración co departamento municipal de Deportes  unha másterclass de Zumba.

Este ano dende o CIM  quérese trasmitir unha visión optimista neste día no que debe prevalecer e celebrarse os éxitos acadados na loita contra a violencia de xénero. O lema elexido é  MOVETE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, e empezamos a movernos a través do baile que simboliza  a forza e a enerxia coa que debemos continuar a nosa loita para a eliminación definitiva da violencia de xénero obxectivo xeral a acadar e polo que día a día dende o CIM  e servicios sociais se traballa unha másterclass de Zumba co lema.

21 de novembro de 2014 | 19:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.