Belén do Campo mantén unha reunión de traballo co alcalde de Toques
A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo esta mañá na Coruña un encontro de traballo co alcalde de Toques, José Antonio Castro. Trátase da primeira reunión coa responsable do Goberno galego na provincia desde que Castro accedese ao cargo tras o relevo de Jorge Calvo. Nela, Do Campo e o primeiro edil analizaron a situación dos diferentes proxectos que desenvolve o Executivo autonómico no municipio e as necesidades actuais. Así, a delegada territorial ofreceulle ao rexedor de Toques “todo o diálogo e colaboración” para sacar adiante de xeito coordinado as demandas dos vecinos e veciñas.