Balaídos avanza cara o cheo non encontro entre España e Alemaña
O choque entre as dúas últimas campioas do mundo que acolle Balaídos este martes levantou unha enorme expectación entre os afeccionados. O ambiente espectacular nas bancadas do estadio vigués está asegurado, xa que ata o momento despacháronse máis de 24.000 entradas.
Os seguidores que aínda non adquiran a súa entrada están a tempo de facelo. Os despachos de billetes de Balaídos permanecerán abertas mañá martes desde as 10 ata as 20:45, hora de inicio do partido, de maneira ininterrompida. Ademais a venda online permanece activa en www.celtavigo.org/taquillaCelta e en www.ticketmaster.es.
#LaCamisetaDeNolito: exitosa acción do Celta e SeFutbol en Twitter

Entrega da camiseta de Nolito
O RC Celta e SeFutbol, marca dos medios dixitais da Selección Española, levaron a cabo este domingo unha acción conxunta na rede social Twitter que finalizou hoxe cun gran éxito de participación entre os afeccionados.
Baixo o hashtag #LaCamisetaDeNolito, o club vigués sorteou entre os seguidores das contas oficiais do Celta e a Selección en Twitter unha camiseta asinada pola Selección Española e a posibilidade de coñecer a Nolito en persoa. Os distintos tuits publicados no transcurso desta acción acumularon máis de 2.000 retuits e case 500 favoritos, un gran dato de interacción que se suma aos máis de 500 seguidores que gañou a conta oficial en Twitter do RC Celta con esta pioneira colaboración da Selección Española cun club de fútbol.
A gañadora do concurso, Sara Allú, recolleu o seu premio de mans de Nolito tras o adestramento a porta aberta que a Selección Española realizou este luns no estadio de Balaídos.











