Avenida da Habana permanecerá cortada ao tráfico no seu carril dereito para a reparación de tapas de rexistro
Desde a madrugada do venres ao sábado (ás 00 horas) a rúa Avenida da Habana permanecerá pechada ao acceso do tráfico, no seu carril dereito en sentido descendente. O corte durará, previsiblemente, ata as 21 horas do domingo.
Neste tempo procederase á reparación de varias tapas de rexistro ubicados neste tramos, medida correspondente ás obras de rehabilitación do firme da propia Avenida da Habana e da rúa Ramón Cabanillas, que o Concello de Ourense está levando a cabo actualmente.
As obras deste proxecto, no que se invisten 88.330 euros, deron comezo o 30 de outubro, e comprenden, ademáis destas dúas rúas, zonas puntuais da rúa Pardo de Lonia, Xoan XXIII, Concello e Curros Enríquez. A empresa Fevisa vías y obras S.L é a encargada de executalas, en base ao acordo da Xunta de Goberno Local.











