Avega colabora co concurso de tortillas de Aspace Galicia

Concurso de tortillas
A empresa dezana AVEGA colabora co I Concurso de Cociña entre Pais e Fillos da Federación Aspace Galicia. Baixo o nome “En Aspace cocinamos xuntos”, tratan de elixir a mellor tortilla de pataca realizada por membros de Aspace de toda Galicia.
A sede de Amencer-Aspace en Pontevedra acolleu hoxe a terceira semifinal, tras as que tiveron lugar na Coruña e en Vigo. Os gañadores enfrontaranse nunha final para elixir a mellor tortilla elaborada polos usuarios de Aspace e os seus familiares.
AVEGA decidiu colaborar coa iniciativa proporcionándolles os ovos necesarios para elaborar as tortillas durante o concurso.
A principal produtora de ovo ecolóxico de España
Con máis de 10 anos de historia, AVEGA é líder do sector do ovo ecolóxico en España cunha produción de medio millón de ducias ao año e unha cota do 40% do mercado nacional.
Ademais da súa sé central en Agolada, onde se atopa a queixería, conta con 4 granxas dedicadas á produción de ovos e 1 fábrica de penso ecolóxico. Nelas traballan 10 persoas, ás que habería que engadir 15 postos de traballo indirectos creados arredor dos seus negocios.











