ASSEII reúnese coa alcaldesa de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+
Instante da reunión

Instante da reunión

A Alcaldesa de Marín e a Concelleira de Comercio recibiron hoxe aos integrantes da nova ASOCIACION SOCIO SANITARIA EDUCATIVA INFLAMATORIA SOCIO INTESTINAL que se rexistraron no Concello de Marín, como antes o fixeron en concellos da contorna.

A ASSEII unha asociación sen ánimo de lucro plural, aberta e participativa, cuxa maior preocupación é a defensa dos dereitos e a calidade de vida dos enfermos con inflamación intestinal, dos seus familiares e contorna social. Está declarada entidade de carácter social. Foi creada o 18 de xullo de 2013 na cidade de Pontevedra e o ámbito de actuación preferente é o galego.

Unha representación dos afectados de Marín trasladáronlle á alcaldesa a súa situación e fixéronlle varias solicitudes para mellorar a súa calidade de vida. A alcaldesa comprometeuse a estudalo e a axudalos en todo o que estivese ao seu alcance. O Concello xa hai algún tempo que permitiu aos taxis de Marín levar adhesivos de apoio aos enfermos dela.

Esta asociación xa saltou á prensa nos días pasados xa que a Asociación de Veciños de Pardavila fixo unha doazón. Tanto o tesoureiro da Asociación de Pardavila, como a súa muller, enferma dela son integrantes de ambas as asociacións.

27 de novembro de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.