ASOMAMOS celebra dúas asembleas de carácter extraordinario e ordinario no Pazo de Mos
A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos, ASOMAMOS, informa da celebración dunha Asemblea Xeral Extraordinaria que terá lugar o sábado 29 de novembro ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda convocatoria.
O lugar de realización da asemblea será o Pazo de Mos e durante a mesma tratarase un único punto relativo á modificación e nova redacción dos artigos 1, 2, 4, 5, 6, 13, 19, 27, 29, 30, 37 e 42 dos Estatutos da Asociación.
Tras esta Asemblea Xeral Extraordinaria levarase a cabo tamén a Ordinaria, na que se lerá a memoria do presente exercicio 2013-2014, e outros puntos tales coma a aprobación do estado de contas correspondentes ó exercicio 2013-2014, ratificación dos acordos tomados pola Xunta Directiva no exercicio 2013-2014, presentación e aprobación dos orzamentos para o exercicio 2013-2014 e aprobación do Plan de Actividades para o exercicio 2013-2014.
Neste sentido, dende a Directiva de ASOMAMOS, piden a participación de tódolos asociados e asociadas en ambas Asembleas, tanto Extraordinaria como Ordinaria, dada a trascendencia de sendas convocatorias.











