Asciga organiza unha marcha ciclista para denunciar os atentados que sofren os ciclistas nos montes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de CompostelaTeo
A-
A+

A Asociación Ciclistas Galegos (ASCIGA) organizará unha concentración solidaria e reivindicativa o vindeiro domingo 23 de novembro ás 11,30 en Santiago de Compostela baixo a lema “Non Máis Bágoas” e que constará dunha pequena marcha en bicicleta por varias rúas do centro da cidade e a lectura dun comunicado nun palco instalado na Praza do Obradoiro e no que tamén se anunciarán os traballos que se están levando a cabo para buscar solucións aos terribles atentados que, xunto a outros colectivos, están a sufrir os ciclistas nos montes. 

A pesar da súa xuventude, a ASCIGA, leva realizado un intenso traballo ao redor de todos os problemas que abarcan á seguridade do ciclista, principalmente a seguridade viaria e a seguridade nos nosos montes.

ACISGA fai un chamamento a todos os clubs, entes federativos e sociedades deportivas implicadas para acudir de maneira masiva a este evento e mostrar así a preocupación por condutas tremendamente irresponsables e temerarias que están a causar xa demasiado dano e dor.A presentación do evento será o vindeiro xoves no Hotel Congreso de Montouto (Teo).

19 de novembro de 2014 | 10:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.