publicidade hoxe

As propostas de Outono Cultural en Rianxo estarán protagonizadas polo teatro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

As propostas do OUTONO CULTURAL 2014  a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo inclúen:

Venres 14 de novembro

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: Celtas sen filtro a cargo de Teatro Airiños

Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas, terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, nos venres 14 e 21 de novembro.

A obra está recomendada para maiores de 12 anos.

As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería Chuchamel (Asados), Estanco Xacobiño (Asados), Cafetería Castelao (Rianxo), Bar Berberecho (Rianxo) e Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio de cada representación)

Sábado 15 de novembro

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: GO ON! de Malasombra Producións

GO ON !, unha odisea cómica escrita por José Luis Prieto e dirixida por Marcos Orsi na que os actores Xoque Carbajal e Jouse García interpretarán a dous exploradores espaciais que entraron nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea

A obra está recomendada para todos os públicos.

As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.

A función está enmarcada no programa Outono Cultural que organiza a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Ademais recordámoslle que ata o 29 de novembro pode visitarse a  exposición de pintura de Salvador Figueira Laíño SENDEIRO DE VOLTA.

13 de novembro de 2014 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.