As obras “Náufrag@s” e “Maxia vs Ciencia” chega aos colexios “Fene, coa ciencia en galego”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

No marco do programa “Fene, coa ciencia en galego”, os centros educativos O Ramo de Barallobre e Os Casais de Maniños acollerán a representación teatral da obra “Náufrag@s”, namentras que o CEIP Centieiras albergará a obra “Maxia versus ciencia”. “Náufrag@s” é un espectáculo que, sen dúbida, espertará a curiosidade e imaxinación dos rapaces cos experimentos, disparatadas ocorrencias e inventos dos científicos chiflados que protagonizan a obra. E, ao mesmo, tempo, o alumnado poderá aprender en que consiste unha reacción química, achegarse á electricidade estática, á 3ª Lei do Movemento de Newton, á diferenza de presión ou aos estados da materia. Pola súa banda, “Maxia vs ciencia” é un proxecto creado para que nenos e nenas se divirtan a partires de dúas artes como estas, onde se misturan os coñececementos científicos coa ilusión e a imaxinación. Para isto, poderán desfrutar con obradoiros experimentais onde unha científica tola reta a un mago para, así, demostrar que a ciencia é máis poderosa que a maxia. Para isto, válese de diferentes experimentos científicos sobre: cores, luz, astronomía, unidades de medición, matemáticas, etc. que o mago irá refutando cos seus xogos de maxia.

As funcións comenzarán este venres, 28 de novembro, no CEIP O Ramo de Barallobre, a partires das 12,10 horas. A continuación, a función celebraráse no CEIP Os Casais, o 1 decembro ás 12 horas. Por último, o CEIP Centieiras acollerá a representación o 9 de decembro, ás 10 horas.

O programa “Fene coa ciencia en galego” é unha iniciativa conxunta dos centros de ensino da localidade –a través dos Equipos de Dinamización Lingüística- e conta coa colaboración do Concello de Fene –a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística-.

No marco da súa programación inclúese o relatorio que o profesor universitario da UDC – hoxe en día xubilado- e antigo enxeñeiro de Astano, Primitivo González, vai impartir o 3 de decembro ás 20 horas na Biblioteca Municipal de Fene co título “Cando fomos os mellores”. Falará de cando Astano e do seu departamento de enxeñería eran referentes mundiais na tecnoloxía da construcción naval.

Por último, sinalar que o prazo de recepción dos traballos do concurso “Ciencia contada e debuxada” remata o día 27. Un certame de debuxos e relatos curtos relacionados coa ciencia e a ciencia-ficción dirixido aos alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato dos centros feneses.

25 de novembro de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.