As obras do Centro de Saúde do Temple poderían comezar a principios de ano
O alcalde de Cambre, Manuel Rivas, asegura estar moi satisfeito tras o anuncio de Sanidade, que acaba de licitar as obras para a construción do centro de saúde de O Temple. “É unha noticia fabulosa para O Temple. A Xunta cumpre con Cambre e coa súa palabra. Trátase dunha obra crucial para o benestar dos cambreses”, apuntou o primeiro edil. A construción do centro de saúde en O Temple está cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de Desenvolvemento rural sustentable. O orzamento total supera os 2.580.000 euros e o prazo de execución será de 15 meses. O equipo de goberno xa advertiu da necesidade de que o Sergas constrúa o comprometido centro de saúde de O Temple para ofrecer un servizo médico de calidade a un núcleo que experimentou un crecemento substancial poboacional nos últimos anos, o que levou a que o ambulatorio actual sexa insuficiente. O rexedor felicita á Conselleira de Sanidade por levar a cabo esta xestión que segundo el será “clave” e “decisiva” para erradicar os problemas de atención sanitaria que sofren os máis de 8.000 residentes de O Temple. O novo centro situarase na rúa Francisco Añón, onde o Concello cedeu unha parcela á Xunta que cumpre todos os requisitos solicitados.
DESCRICIÓN
A proposta nace coa vocación de dar resposta á necesidade de construír o Centro de Saúde integrando todo o programa nun volume compacto de dúas únicas plantas de uso público. Baixo rasante disponse un soto técnico de instalacións e almacén. O volume respira grazas a dous patios interiores abertos e axardinados aos que dan as salas de espera; configurando unha xeometría de “peite” en planta. A parcela, situada no extremo dunha parcela rectangular, limita con tres rúas, unha delas peonil. Deste xeito, óptase por situar o acceso baixo un soportal que xerado na esquina que forman as dúas rúas non peonís; permitindo a aproximación de ambulancias e vehículos en carga e descarga. A diferenza de cota nos extremos da parcela permite a evacuación do edificio tanto desde a planta alta como desde a planta baixa. En cada planta a estrutura en “peite” permite distribuír os tipos de atención por grupos: consultas de curta espera, administración, fisioterapia, pediatría, adultos e muller. Na planta baixa sitúanse a recepción- administración, despachos, arquivo de historias clínicas próximas ao acceso; así como as consultas de curta espera (mostras, técnicas e Polivalente). Na zona central pediatría, e no extremo posterior a zona de fisioterapia e educación para a saúde. Nas “púas” do peite da planta alta disponse as consultas e enfermarías para adultos.
A parcela, situada no extremo dunha mazá rectangular, limita con tres rúas, unha delas peonil. Deste xeito, óptase por situar o acceso baixo un soportal que xerado na esquina que forman as dúas rúas non peonís (Taria e Abeleira); permitindo a aproximación de ambulancias e vehículos en carga e descarga.











