publicidade hoxe

As obras de mellora na travesía de Palas de Rei chegarán en 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O Ministerio de Fomento mellorará a Travesía de Palas de Rei .Comprende, no núcleo urbán de Palas de Rei, as Avenidas: de Lugo e de Compostela, esto é, dos puntos Kilométricos 33 a 35 da N-547. A obra, conta cun orzamento de 250.000 €uros, consistirá na mellora da pavimentación con aglomerado en quente, mellora da seguridade vial e da sinalización tanto vertical como horizontal. Esta inversión segundo informou, na súa visita a Palas de Rei, o representante de Lugo en el Congreso de los Diputados Juaquín García Diez, está contemplada nos Orzamentos Xerais do Estado para 2015, recollidas nas partidas da Sociedade Estatal de Infraestructuras e de Transporte Terrestre (SEITT). O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, amosou a súa satisfación por estas obras, destacando a importancia das mesmas, tendo en conta que é unha zona que rexistra a diario moito tráfico tanto rodado como de persoas ao atravesar o casco urbán de Palas de Rei. Nesta visita tamén fixeron fincapé nos puntos de especial sinalización e protección da seguridade vial, entre eles: o cruce principal do casco urbán de Palas de Rei; os puntos de conexión desta travesia co camiño francés de peregrinaxe de Santiago que é atravesada en dúas das súas zonas(a altura da Casa Consistorial e do Edificio que foi a sede do Centro Comarcal a Ulloa).

O Deputado Juaquín García Diez tamén aproveitou para visitar as obras da Autovía Lugo-Santiago coa previsión de que estén rematados os traballos de conexión entre San Xulian do Camiño en Palas de Rei con Lugo para finais de 2015. Tamén comprobaron os terrenos, situados nas inmediacións de San Xulian do Camiño donde terá lugar a construcción da futura Área de Servicio da Autovía entre Lugo e Santiago.

6 de novembro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.