publicidade hoxe

As obras da Edar de Taboadelo atópanse na recta final

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Os operarios da empresa concesionaria das obras de construción da EDAR de Taboadelo (Ponte Caldelas) ultiman os traballos para finalizar a súa instalación antes de que remate este ano. O alcalde, Perfecto Rodríguez, que segue moi de preto a evolución das obras, prevé que os veciños poidan conectarse á rede de sumidoiros no primeiro trimestre de 2015.

A dotación deste servizo á parroquia de Taboadelo suporá un investimento total, nas súas varias etapas, duns 310.000 euros financiados en distintos plans de actuación.

O primeiro proxecto “Colector en Taboadelo” foi adxudicado pola Deputación por un importe de 90.145 euros e correspóndese coa construción do colector principal que une este núcleo rural coa parcela na que se sitúa a EDAR, coa especial dificultade de ter que instalar unha tubaxe para conservar o regadío existente.

O colector para augas fecais instalado ten un diámetro de 315 mm. e unha lonxitude de 250 metros lineais. A tubaxe para canalizar o regadío ten distintas dimensións en función das necesidades. Acometeuse tamén o ensanche dese camiño para permitir o acceso á parcela da depuradora.

O segundo proxecto adxudicado, tamén por parte da Deputación,foi a propia “EDAR de Taboadelo”, cun orzamento de 72.693 euros, e que unha vez entre en funcionamento permitirá pór en servizo a rede de sumidoiros para os veciños deste núcleo de poboación.

En Taboadelo, o Concello xa acometeu en anos anteriores varios tramos da rede de sumidoiros cun investimento de 150.000 euros que agora se completa con estas dúas novas fases. En total o investimento global para o saneamento neste núcleo rural ascenderá a máis de 310.000 euros.

21 de novembro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.