As melloras na rede de saneamento chegan á rúa do Porto, no barrio da Torre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello segue levando a cabo diversas actuacións para mellorar os servizos básicos municipais, en especial o de saneamento. Esta mesma semana comezarán as obras de mellora dun tramo da rede no barrio da Torre, concretamente na Rúa do Porto. A empresa Covsa será a encargada de realizar os traballos.

A actuación en Rúa do Porto da continuidade á mellora levada a cabo hai un tempo na Torre para mellorar a rede de saneamento. Nesta ocasión os traballos teñen como obxectivo corrixir o funcionamento do servizo nun tramo no que se rexistraban problemas por afundimento da canalización. O proxecto a levar a cabo consistirá na substitución do tubo e de corrección do nivel do trazado da canalización co obxecto de darlle a pendente necesaria para evitar os problemas de acumulación de auga en zonas deprimidas e os conseguintes retornos de caudal que se estaban producindo ata agora e que xeraban molestias no barrio. Tamén se rectificarán os pozos de rexistro.

6 de novembro de 2014 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.