As Cancelas inaugura a súa semana grande para festexar o seu segundo aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As Cancelas comezou este venres co seu programa de actividades por motivo do seu II aniversario, cuxo prato forte son os atractivos premios que se entregan cada día no SuperCubo das Cancelas como varios Iphone 6, tablets ou televisións entre outros.

O pasado sábado entregouse xa o primeiro Iphone 6, ademais dunha tablet e unha televisión, e quedan máis unidades para regalar neste SuperCubo situado  na planta 1 e aberto de 12 a 14 e 17 a 20:30.

O momento esperado do aniversario será a actuación de Toom-Pak, o famoso grupo de percusión, que chega por primeira vez a un Centro Comercial en Galicia. Esta compañía, que conta con gran cantidade de premios e cuxos instrumentos están realizados integramente con material reciclado, estará nas Cancelas os días 14 e 15 de novembro.

As actuacións de Toom Pak consistirán en 2 pases de 45 minutos cada un en horario de 18 a 20:30 horas na planta primeira.

Xa desde o pasado venres a planta baixa conta cunha atracción de “Ovnis de choque”, na que os pequenos gozan chocando as súas naves con outros nenos de luns a venres de 17 a 21 horas e os sábados de 12 a 14 e de 17 a 21 horas.

As actividades para os máis pequenos complétanse coa presenza dos Invizimals, cun espazo especial de xogos interactivos para que os nenos poidan gozar interactuando con estes personaxes virtuais en horario de 17 a 21 horas de luns a venres e de 12 a 14 e 17 a 21 horas o sábado. Terán ademais ocasión de coñecelos en carne e óso, xa que o sábado de 8 e 15 de 18 a 21 horas os nenos poderán gozar da presenza de TigerShark e fotografarse con el.

10 de novembro de 2014 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.