As Cancelas celebra o seu II Aniversario
O centro comercial xestionado por Carrefour Property en Santiago de Compostela preparou un programa de eventos para esta data tan especial.
Tras 2 anos e máis de 10 millóns de visitantes, As Cancelas comezará este fin de semana coas celebracións do seu segundo aniversario. Unha celebración especial na que a dirección do centro quere agradecer a todos os veciños de Santiago a súa axuda para facer das Cancelas o centro de referencia na cidade.
As actividades comezarán o venres 7 de novembro e contarán con eventos para toda a familia repartidos en distintos espazos do centro comercial.
No plano das actuacións cabe destacar a presenza de Toom-Pak, o famoso grupo de percusión, que chega por primeira vez a un Centro Comercial en Galicia. Esta compañía, que conta con gran cantidade de premios e cuxos instrumentos están realizados integramente con material reciclado, estará nas Cancelas os días 14 e 15 de novembro.
As actuacións de Toom Pak consistirán en 2 pases de 45 minutos cada un en horario de 18 a 20:30 horas na planta primeira.
Pensando nos máis pequenos, o centro comercial decidiu incorporar na planta baixa unha atracción de “Ovnis de choque”, unha “volta” sobre os clásicos coches de choque na que os pequenos se divertirán chocando as súas naves con outros nenos de luns a venres de 17 a 21 horas e os sábados de 12 a 14 e de 17 a 21 horas.
As actividades para os máis pequenos completaranse coa presenza dos Invizimals, xa que se habilitará un espazo especial de xogos interactivos para que os nenos poidan gozar interactuando con estes personaxes virtuais en horario de 17 a 21 horas de luns a venres e de 12 a 14 e 17 a 21 horas os sábados. Terán ademais ocasión de coñecelos en carne e óso, xa que os sábados 8 e 15 de 18 a 21 horas, os nenos poderán gozar da presenza de TigerShark e fotografarse con el.
No apartado de premios, O Cubo das Cancelas transformarase no SuperCubo, cunha maior duración (9 días en total) e con fabulosos premios como varios Iphone 6, tablets ou televisións entre outros. O SuperCubo estará situado na planta 1 e poderá visitarse de 12 a 14 e 17 a 20:30.











