As Cancelas apúntase ao Black Friday
O Centro Comercial ofrecerá unha gran cantidade de descontos nas súas tendas para festexar o Black Friday, o evento de grandes promocións importado desde Estados Unidos.
Se hai un día grande para os compradores de EEUU é sen dúbida o chamado Black Friday, o venres posterior á noite de acción de grazas, na que as principais tendas ofrecen grandes descontos para encher as súas tendas. Este ano este costume americano chega a Santiago co Black Friday das Cancelas.
A maior parte dos operadores ofrecerán descontos xeneralizados que poderán chegar nalgúns casos ata o 60%. Os visitantes que se acheguen ás Cancelas este fin de semana poderán gozar de grandes descontos como os de Código Denim que irán do 20 ao 60%, ou os de Carrefour, cun 20% en produtos como tablets, ordenadores, música, roupa de abrigo e moitos máis, os de OYSHO ou Amichi con descontos tamén do 20% ou os de Polinesia cun 30%. Outros operadores advertiron tamén dos importantes descontos que farán por motivo deste día.
Algúns operadores, como Amichi, Código Denim ou Carrefour, optaron por ampliar a duración deste Black Friday de modo que será posible gozar das promocións tamén durante o sábado.











