publicidade hoxe

“As aventuras do quebranoces” chega ao CEIP da Barqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O Concello de Cerdido continúa coa campaña de fomento da lectura cunha actividade que terá lugar mañá xoves, día 20 de novembro, no CEIP da Barqueira. A compañía Musicreques será a encargada de levar a cabo a obra: “As aventuras do quebranoces”. Unha obra de títeres dirixida ao público infantil, a partir de 3 anos, no que se mistura o teatro de títeres coa música en directo. A representación está organizada polo Concello de Cerdido en colaboración co CEIP da Barqueira e a Deputación da Coruña.

19 de novembro de 2014 | 10:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.