Arranxado o pretil da Ponte das Correntes
O Concello de Pontevedra rematou esta semana de arranxar o pretil da rotonda da Ponte das Correntes, na avenida de Domingo Fontán.
Os traballos comezaron este pasado luns arranxando os distintos valos protectores que estaban en mal estado debido aos reiterados accidentes de tráfico que se viñan producindo na zona. De feito, non é a primeira vez que o Concello ten arranxado estes valos para garantir a seguridade de todos os condutores que empregan esta ponte para entrar ou saír da cidade.
Foi unha substitución parcial xa que só se actou nos valos que estaban danados, xa que a grande maioría estaban en bo estado. O arranxo non obrigou a suspender ou desviar o tráfico.











