Apróbanse 7 convenios para as prácticas en empresa do alumnado dos cursos de inserción sociolaboral Ourense
A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza desta mañá a sinatura de 7 novos convenios de colaboración con outras tantas empresas da cidade para a realización de prácticas non laborais no marco do proxecto de inserción sociolaboral OURENSE INSERTA, destinado a persoas con especiais dificultades de acceso ao mercado laboral.
O obxectivo prioritario do programa, que se puxo en marcha a mediados do pasado ano é fomentar a creación de emprego entre persoas con dificultade de acceso ao mercado laboral. Estes 7 convenios, unidos aos previamente asinados con outras 5 firmas permitirán que 14 persoas realicen prácticas nun entorno real de traballo, que complete a formación teórica recibida, podendo así acadar o correspondente certificado de profesionalidade, o que lles axudará no acceso a un emprego estable.
As entidades colaboradoras na realización das prácticas son as seguintes:
-F & M GALIMP, S.L..
-LIMACO, EMPRESA DE INSERCIÓN, S.L.U
-MAITE PENA RUBIO (LIMPIEZAS MAITE)
-LIMPIEZAS CARLOS, S.L.
-LIMPIEZAS CANEIRO, S.L.
-LIMPIEZAS SERLYM GALICIA, S.L.
-Mª MONSERRAT MALINGRE SARMIENTO (LIMPIEZAS MALINGRE)
-PURIFICACIÓN RODRIGUEZ FIDALGO (LIMPIEZAS EVA MARIA)
-SERVICIOS INTEGRALES PARA EDIFICIOS Y NAVES, S.L.
-MAREA LIMPIEZAS, S.L.
-MARÍA PEREZ ARAUJO (XURESLIMP)
-MONICA GONZALEZ RODRIGUEZ (LIMPIEZAS MOGORO)
Certificado de profesionalidade
Este será outro máis dos 16 itinerarios impartidos no proxecto “Ourense Inserta” que serán acreditados con certificado de profesionalidade, gracias á suscripción en agosto do ano 2014 dun convenio coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia polo cal, participantes que finalicen o programa cunha avaliación positiva en tódolos módulos formativos, poderán acceder á expedición dun certificado académico.
O obxectivo do Concello, con este convenio é proporcionarlle ás persoas que participen no proxecto unha cualificación profesional que lles permita acceder ao mercado laboral nas mellores condicións.
Todos os cursos do proxecto inclúen contidos transversais en materia de igualdade de oportunidades, novas tecnoloxías, sensibilización medioambiental, fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social. O programa inclúe titorías individualizadas ou grupais e acompañamento e orientación laboral durante todo o proceso.
Convenio cos sociedade protectora de animais
Tamén na sesión desta mañá, a Xunta de Goberno Local aprobou un convenio de colaboración coa Asociación protectora de animais de Ourense PROGAPE. Con este acordo, Concello e asociación ourensá renovan a colaboración que manteñen para a custodia de animais abandonados nas instalacións das que dispón do Concello na zona de Eiroás. O Concello de Ourense destinará a este convenio unha achega de 52.440 euros por cada un dos dous anos de vixencia.
O convenio comprende o albergue e custodia de cans, gatos e outros animais recollidos polos servizos municipais ou pola propia sociedade protectora, xunto co coidado e mantemento das instalacións municipais de Eiroás. Segundo o convenio corresponde á sociedade protectora colaborar co Concello na recollida de animais abandonados ou errantes, a de animais de mans de propietarios/as, colaborar co Concello no traslado ás instalacións do servizo, identificación, mantemento e custodia dos animais, etc.
O Concello de Ourense pon a disposición de Progape as instalacións de Eiroás, colaborará coa entidade para acadar os obxectivos definidos no convenio e realizará unha achega económica por importe de 52.400 euros por ano.
Pleno extraordinario sobre prezos das instalacións deportivas
Tamén esta mañá celebrou unha xuntanza, neste caso extraordinaria, a Comisión de Pleno do Concello de Ourense. Nela, ditaminou favorablemente o proxecto de ordenanza reguladora do prezo público polo uso e prestación de servizos nas instalacións deportivas municipais, previamente aprobada polo Consello Municipal de Deportes. O ditame recibiu os votos favorables do grupo municipal do PSdeG-PSOE, e as abstencións dos grupos de PP, BNG e DO.
A ordenanza presentarase a aprobación por parte do pleno do Concello nunha sesión extraordinaria que terá lugar o vindeiro luns, día 24 de novembro, ás 9:00 horas. A sesión foi convocada esta mañá.











