Apertura do prazo para presentar canditatos aos premios do Deporte no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O próximo 19 de decembro celebrarase unha nova edición da Gala do Deporte 2014, organizada polo Concello do Carballiño, na que se pretende premiar aos mellores deportistas, clubs e asociacións deportivas, que levan o nome do Carballiño en cada competición, ao longo e ancho da xeografía galega, nacional e europea.

Como cada ano, todos os veciños, clubs, ximnasios e asociacións poderán os seus nomeados para estes premios, por iso ábrese o prazo para que se propoña para tales premios a calquera carballiñés que durante 2014 logre algunha distinción ou mérito, xa sexa a nivel competitivo, individual, como patrocinador ou durante toda a súa carreira.

As propostas serán entregadas na área de deportes do Concello de Carballiño de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres. Para que sexan valorados, debe indicarse o nome e teléfono da persoa que propón, o nome completo do deportista proposto e unha breve descrición da súa actividade deportiva. Esta convocatoria pecharase o venres 28 de novembro.

20 de novembro de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.