Apertura do prazo de preinscrición para participar na campaña de esquí da Deputación da Coruña
Os rapaces nados entre os anos 2001 e 2005 (ambos inclusive) que desexen participar na Campaña de Esquí 2015 que organiza a Deputación Provincial da Coruña xa poden realizar a preinscrición no Concello da Laracha.
O programa desta actividade consistirá nunha estancia dunha fin de semana, en datas aínda por determinar (finais de xaneiro ou febreiro), no complexo de Manzaneda (Ourense). Inclúese o transporte, aloxamento, manutención e a realización dos cursiños de esquí.
Entre todos os solicitantes o Concello da Laracha realizara un sorteo para outorgar as prazas dispoñibles.











