Apertura do prazo de inscrición para as escolas deportivas municipais
Xa está aberto o prazo para inscribirse nas escolas deportivas municipais. Permanece aberto o prazo para apuntarse en Ximnasia suave, Ximnasia de mantemento, Máquinas de Ximnasia, Fútbol Sala Feminino e Masculino, Escolas de deportes infantís ou Ximnasia Xeriátrica; que se desenvolverán a partires do 11 de Novembro no Pavillón Municipal.
Para participar nas escolas deportivas é imprescindible inscribirse, presentando no Concello a Folla de Inscrición debidamente cuberta.