Apertura do prazo de alegacións para as expropiacións da mellora da intersección Cerdedo-Santo Domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra declara aberto, ata o vindeiro 4 de decembro, o prazo para presentar alegacións ás expropiacións previstas con motivo da obra de mellora de intersección da estrada Cerdedo-Santo Domingo coa N-541, en Cerdedo, que comprenderá tamén a intersección da vía municipal que conduce á praia fluvial.

A obra, que conta cun orzamento de 414.397 euros, afectaralle a un total de 10 fincas e 5.196 metros cadrados, dos que 2.464 se sitúan en catro terreos do Arcebispado de Santiago.

O traballo previsto mellorará a conexión con numerosos núcleos rurais e tamén a seguridade viaria, pois a intersección ten na actualidade un ángulo moi pechado e unha forte pendente e cambio de rasante.

17 de novembro de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.