Anxo Losada vence na categoría alevín da San Martiño 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVerín
A-
A+
Anxo Losada

Anxo Losada

Un total de 31 mozos/as da sección de atletismo das EDC Verín participaron, na xornada de onte, na XXXVIII Carreira Pedestre Popular San Martiño, onde o verinense Anxo Losada acadou a vitoria na categoría alevín masculina cun tempo de 19′ 57”.

Este mozo, integrante do EDC Verín Atletismo, logrou a vitoria nunha xornada deportiva e familiar, na que os/as atletas verinenses amosaron unha excelente preparación ao conseguir meritorios postos nas clasificacións por categorías, ademais de mellorar as marcas persoais con respecto ao ano pasado no caso dos que repetiron participación nesta proba deportiva.

Os resultados que obtiveron os/as participantes verinenses foron:
* Carreira de Pitufos (1.400 metros):
– Raúl Vega (37º posto masculino de 806 corredores) > 06′ 40”.
– Álex Martínez (81º posto masculino de 806 corredores) > 07′ 14”.
– Kiara Salgado (16º posto feminino de 681 corredoras) > 07′ 16”.
– Marina Moredo (28º posto feminino de 681 corredoras) > 07′ 29”.
– Rodrigo Martínez (108º posto masculino de 806 corredores) > 07′ 31”.
– Tristán Alonso (133º posto masculino de 806 corredores) > 07′ 48”.
– Antonio Limia (228º posto masculino de 806 corredores) > 08′ 34”.
– Jara Martínez (prebenxamín feminino) > abandono por problemas estomacais.

* Carreira Escolar (4.700 metros):
– Fiz Losada (9º posto cadete de 323 corredores) > 18′ 39”.
– Álex Domínguez (15º posto cadete de 323) > 19′ 11”.
– Anxo Losada (1º posto alevín de 390 corredores) > 19′ 57”.
– Guillermo Feijoo (28º posto cadete de 323) > 20′ 31”.
– José Miguel Tomé (61º posto xuvenil de 302 corredores) > 21′ 38”.
– Gabriel González (6º posto alevín de 390 corredores) > 21′ 51”.
– Antía Castro (14º posto infantil de 389 corredoras) > 22′ 39”.
– Alberto Tomé (74º posto cadete de 323) > 22′ 55”.
– Miriam Cerdeiriña (19º posto infantil de 389 corredoras) > 23′ 09”.
– Adriana García (20º posto infantil de 389 corredoras) > 23′ 10”.
– Xoel González (145º posto xuvenil de 302 corredores) > 25′ 04”.
– Andrés García (111º posto infantil de 427 corredores) > 25′ 07”.
– Naiara Parada (11º posto alevín de 315 corredores) > 26′ 11”.
– Gisela Dapía (12º posto alevín de 315) > 26′ 11”.
– Denis Limia (76º posto alevín de 390) > 26′ 23”.
– Nuria Mariño (32º posto alevín de 315 corredoras) > 29′ 04”.
– Sofía Morillo (83º posto infantil de 389 corredoras) > 29′ 09”.
– María Vega (100º posto infantil de 389) > 29′ 55”.
– Sara Moredo (38º posto alevín de 315 corredoras) > 29′ 55”.
– Erea López (79º posto alevín de 315) > 33′ 14”.
– Vanesa Justo (187º posto alevín de 315) > 38′ 58”.
– Iria Viana (303º posto alevín de 315) > 46′ 24”.
– Yeray Domínguez (alevín) > abandono por problemas estomacales.

Entrega de trofeos do Circuíto ‘Correndo por Ourense’

Por outra banda, como antesala á celebración da XXXVIII Carreira Pedestre Popular San Martiño, o Consello Municipal de Deportes de Ourense efectuou o acto de entrega dos premios do Circuíto ‘Correndo por Ourense’, consistente nun campionato de seis probas atléticas populares que se disputaron noutros tantos barrios da capital ourensana desde marzo a setembro.

O EDC Atletismo Verín conseguiu un total de oito trofeos na súa primeira participación neste circuíto, no que se premian o esforzo e a constancia durante grande parte da temporada atlética. Os/As deportistas verinenses que recolleron estes galardóns foron: Xoel Gago (campión benxamín), Fiz Losada (campión infantil), Anxo Losada (subcampión alevín), Antía Castro (campiona alevín), Miriam Cerdeiriña (terceira infantil), Adriana García (subcampiona alevín), Kiara Salgado (terceira benxamín)e Xiana Fidalgo (subcampiona benxamín). Con todo, non se pode esquecer a outros atletas que participaron nestas probas, quedando ás portas do pódium final tras realizar unha grande competición: Guillermo Feijoo (4º infantil), Gisela Dapía (5ª alevín), Naiara Parada (6ª alevín), Sara Moredo (7ª alevín), Sofía Rodríguez (8ª alevín) e Nuria Mariño (9ª alevín).

 

17 de novembro de 2014 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.