Antonio Domínguez gaña o concurso de deseño e imaxe dos viños escumosos das Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraTui
A-
A+

Un xurado formado por técnicos da Deputación, da DO Rías Baixas e da Universidade de Vigo resolveu o concurso convocado para crear unha imaxe de marca e unha nomenclatura propia para os viños escumosos das Rías Baixas, que os dote dunha identidade propia, os  diferencie no mercado e facilite a súa axeitada comercialización.

No concurso convocado pola Deputación de Pontevedra valorouse o mellor deseño (a imaxe de marca); pospúxose o nome (a nomenclatura) para que sexa consensuado co Consello Regulador.

O  deseño gañador foi o presentado polo pontevedrés, de Tui, Antonio Domínguez Pérez, co pseudónimo “Sentido Atlántico”. No concurso participaron 127 propostas de empresas de deseño, imaxe, publicidade e márketing de Galicia e de fóra dela.

21 de novembro de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.