publicidade hoxe

Anselmo Lamela inaugura en Brión a mostra “Trampitán”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A sala municipal de exposicións de Brión acollerá mañá venres 21 de novembro, ás 20:30 horas, a inauguración da mostra “Trampitán”, do artista Anselmo Lamela. Unha exposición que será inaugurada polo alcalde de Brión, Xosé Luís García, e polo propio autor.

“Trampitán” recolle unha serie de pinturas surrealistas de Anselmo Lamela, “que poden resultar crípticos para a maioría pero, por outra parte, tamén creo que a subxectividade radical permite múltiples suxestións e interpretacións”. A mostra poderá visitarse na sala municipal de exposicións de Brión ata o próximo 12 de decembro.

20 de novembro de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.