Amizade imparte na Facultade de Fisioterapia de Pontevedra unha charla-coloquio
Mañá, xoves, 27 de Novembro, en horario de 17:45 a 18:45, na Facultade de Fisioterapia en Pontevedra, a Asociación Amizade impartirá unha charla-coloquio que versará sobre a “Discapacidade”.
Dita charla será impartida por José Manuel Lareu e Sergio Oubiña, membros da Xunta Directiva da Asociación Amizade e coñecedores das posibilidades, e das dificultades, coas que se atopan as persoas con discapacidade no seu día a día.
Esta charla enmárcase no proxecto “Acadando compromiso social” e que pretende organizar varias charlas en Institutos, Asociacións e/ou outras entidades sociais da comarca de Pontevedra, dirixidas todas elas a informar sobre o grupo social das persoas con discapacidade.
As charlas teñen unha duración variable e os temas a tratar adaptanse ás necesidades ou intereses que poidan ter as entidades solicitantes, por exemplo: axudas e prestacións, prevención de accidentes e lesións, ocio e deporte adaptado, autonomía persoal, uso non discriminatorio da linguaxe, …
A principal finalidade é sensibilizar á sociedade sobre o fomento da autonomía das personas con discapacidade. Outros obxectivos son valorar e desmontar estereotipos e prexuizos acerca da discapacidade e/ou contribuir ao desenvolvemento integral das persoas con discapacidade.











