Alumnos de Coristanco conversan cos autores e autoras de “Contos de taberna” na Biblioteca de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Un grupo de autoras e autores e de ilustradores e ilustradoras da obra colectiva “Contos de taberna” manteñen un encontro-conversa don alumnado do CPI Xosé Pichel de Coristanco para que, deste xeito, os rapaces e rapazas poidan coñecer máis sobre o libro e as súas historias e ilustración, conversando directamente cos seus creadores e creadoras e, ao mesmo tempo, estes teñan interacción directa co público receptor.

“Contos de taberna” é un proxecto no que interveñen máis de trinta creadoras e creadores con textos e ilustración inspiradas en diversos bares da capital bergantiñá, un proxecto impulsado polo Concello de Carballo no que participan diversos locais hostaleiros difundindo esas creacións entre a súa clientela. Palabras, historias e imaxes que despois se compilaron nun libro con mesmo nome. Este encontro, que ten lugar o martes 25 de novembro ás 12.30 horas na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo, está organizado polo propio CPI Xosé Pichel de Coristanco.

24 de novembro de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.