publicidade hoxe

Allariz acolleu a gala da Xoiaría Galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A Gala da Xoiaría Galega 2014 – San Eloi congregou a mañá do sábado en Allariz a unha representación do sector da xoiaría ourivaría, prataría, reloxaría e xemoloxía de Galicia. O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia organizou o acto para reivindicar o oficio e a produción xoieira galega aproveitando a proximidade da festividade de San Eloi, patrón do sector.

Entre os asistentes á gala estiveron Santiago Riande Torres J. Antonio Rey Díaz, Director EASD Mestre Mateo e Coordinador Xoiaría, Elena Fabeiro, Xerente Artesanía de Galicia da Xunta. Francisco García Suárez, Alcalde do Concello de Allariz, Sol Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio da Xunta, Rogelio Martínez González, Delegado Territorial da Xunta en Ourense, María Nava Castro Domínguez, Directora da Axencia de Turismo de Galicia e María Eugenia Pérez Fernández, Subdirectora Xeral de Formación Profesional.

O acto comezou coa benvida aos profesionais congregados por parte de Óscar Rodríguez. O presidente do Colexio de Xoiaría de Galicia agradeceu “ás empresas homenaxeadas emblemáticas da xoiaría galega”. Óscar Rodríguez engadiu “a importancia de facer Colexio, de tirar todos xuntos do carro para sair ben desta situación”.

A continuación o Coxga fixo público o recoñecemento a profesionais e personalidades galegas coa entrega da Medalla do Colexio e as Seguetas.

A Medalla do Colexio nesta edición foi para Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia. Núñez Feijoo non puido asistir á Gala, pero a través dunha carta manifestou “o seu pesar por non poder estar na Gala, e na entrega da súa medalla” e engadiu que para el “esta medalla ten un significado especial”.

A entrega de Segueta de Ouro foi para Salgado Nespereira, de Ourense. As Seguetas de Prata foron para María Isabel Franjo González (Joyería Losada), de Quiroga (Lugo), Antonio González Fernández (Joyería González), de Tui, José Antonio Veiga López (Joyería Cheche), de Pontedeume.

Un dos momentos máis agardados da Gala foi a entrega dos premios do III Concurso de Deseño de Xoias San Eloi entre os dez finalistas seleccionados.

O xurado formado por profesionais colexiados, fabricantes, comerciantes e deseñadores escolleron os gañadores das propostas sen saber a súa autoria. O primeiro premio foi para Sonia María Vizcaíno, que tamén gañou a pasada edición. O segundo premio foi para Alejandro Calvo Filgueira, da Coruña e o terceiro compartido entre Kinga Haudek, de Santiago de Compostela e Raúl Diniz, de Allariz.

A Gala rematou coa presentación da nova Campaña de Nadal do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia con importante presencia de acción publicitarias e promocionais nas rúas galegas. Durante esta campaña os consumidores poderán participar nos sorteos e gañar algún dos 2.015 euros en premios para canxear nun dos máis de 200 establecementos que colaboran voluntariamente co Colexio Oficial de Xoiaría.

29 de novembro de 2014 | 21:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.