Alex Vidal proclámase subcampión de Europa de Parataekwondo e bronce para Santi Malvar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

Os dous representantes galegos volven a casa con dúas medallas do Campionato de Europa de Parataekwondo que se celebrou hoxe en Belek (Turquía). Alex Vidal (Natural Sport, 57 quilogramos) logrou a medalla de prata, mentres que Santi Malvar (Mace Sport, 75 quilogramos) foi bronce.

Alex logrou o pase para a final con certa comodidade e no último combate enfrontouse ao francés Kong Bopha. Foi un combate moi duro e competido e Alex chegou ao último asalto con vantaxe no marcador (2-1). Pero no terceiro asalto, Bopha logrou o empate nunha acción directa e a falta de poucos segundos para o final, nun intercambio de golpes, puntuou o francés (3-2).

Pola súa banda, Santi Malvar logrou o medalla de bronce despois de facer tres combates. No último caeu tamén por un apertado 3-2.

Noraboa para os nosos deportistas!

28 de novembro de 2014 | 11:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.