Alberto Verea e Laura Dosil convértense nos mellores competidores do Campionato Galego Júnior de Taekwondo
Alberto Verea (Maniotas) e Laura Dosil (Natural Sport Ribeira) foron elixidos mellores competidores do Campionato Galego Júnior 2014, que se celebrou hoxe en Porto do Son coa participación de 150 deportistas. Na clasificación xeral por clubs, o Mace Sport de Pontevedra gañou na categoría masculina e o Natural Sport de Ribeira, na feminina.
Este torneo ten unha enorme importancia para as e os deportistas xa que en xogo está a clasificación para o Campionato de España, que dará prazas para o Europeo da categoría. Gran calidade no torneo celebrado en Porto do Son, a pesar da enorme renovación que houbo nesta categoría. Pero as e os deportistas que veñen por detrás (dende cadete) están empurrando forte e queren seguir medrando na súa formación deportiva. De agradecer, o traballo da organización e de todos os voluntarios, que fixeron posible o campionato.











