publicidade hoxe

Aínda hai prazas para os obradoiros de autoestima en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Aínda quedan prazas libres para os obradoiros de autoestima para mulleres, de caracter gratuito, organizados polo Concello de Tomiño, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Marila Ruiz, especialista en xénero será a encargada de impartir os talleres, nos que se traballarán condutas e pensamentos que permitan ás participantes na súa vida cotiá, defender ou reclamar os seus dereitos, sen agredir ni ser agredido.

Con este obradoiro trátase de ver desde o punto de vista das mulleres participantes como chegaron a unha situación persoal que non lles gusta, sen autoinculparse, e facendo un plan de transformación de aqueles aspectos das súas vidas que necesiten cambiar.

As mulleres que o desexen, aínda poden apuntarse nos obradoiros que comezarán a impartirse o vindeiro día 21 de novembro. Trátase do de Tomiño (Casa da Salgosa, 21, 28 de novembro e 5 de decembro, de 18 a 21 horas), e do de Estás (Centro Social, 2,3 e 4 de decembro, de 10 a 13 horas).

As interesadas en participar poden informarse e inscribirse na Casa do Concello (Praza do Seixo, 1) ou chamando por teléfono ao 986 622 001/03.

18 de novembro de 2014 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.