publicidade hoxe

AFAL impartirá un curso formativo sobre Alzhéimer para coidadores en Pontedeume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontedeume
A-
A+

AFAL Ferrolterra impartirá un curso formativo para coidadores de familiares sobre Alzhéimer e outras demencias no municipio de Pontedeume. A acción inclúese no Programa Rede Paraugas Alzheimer que promove e financia a Fundación Barrié e FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias).

Desenvolverase nas instalacións do Centro de Maiores (Avda. Coruña, s/n) entre os días 24 e 27 de novembro, en horario de catro a seis da tarde e a inscrición debe formalizarse a través dos departamentos municipais de Servizos Sociais dos concellos de Pontedeume (981 43 32 88) e Cabanas (981 49 59 59) ou en FAGAL (981 59 51 21).

O Programa Rede Paraugas Alzheimer ten por obxectivos fomentar a capacitación e mellorar a calidade de vida das familias coidadoras de familiares con algunha demencia no rural galego; reforzar a solidariedade entre os membros das familias mediante o achegamento dos xóvenes á realidade das persoas maiores, e aliviar a presión das familias coidadoras e axudalas directamente a manterse nos programas de estimulación necesarios para evitar a súa aislamento e a diminución da súa calidade de vida.

O programa desenvólvese a nivel autonómico, entre maio de 2013 e decembro de 2014.

18 de novembro de 2014 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.