AFAL convida á cidadanía a probar sorte coas súas participacións da Lotaría de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

AFAL Ferrolterra pon a disposición da cidadanía a súa Lotaría de Nadal. Unha iniciativa coa que a asociación busca recadar fondos para o sostemento dos seus programas de atención ás persoas afectadas polo Alzheimer. Así, aqueles cidadáns interesados en colaborar con esta causa, e ao mesmo tempo buscar fortuna no sorteo, poden adquirir as súas participacións de 9 a 17 horas na sede da entidade, situada na rúa Río Castro, 43-45, baixo, Ferrol. O importe de cada boleto é de 2,5 euros, dos que se xogan dous euros. O número? O 14.218.

4 de novembro de 2014 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.