AEMOS acolle unha xornada sobre seguridade industrial e medio ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) celebra este mércores, 26 de novembro, a partir das 09.00 horas, unha xornada técnica sobre sensibilización coa seguridade industrial e o medio ambiente.

O obxectivo co que se organiza é que os asociados de AEMOS coñezan e entendan os requisitos legais de obrigatorio cumprimento que lle aplican en materia de seguridade industrial e medio ambiente nas instalacións das súas respectivas empresas.

A xornada correrá a cargo de técnicos especialistas da Certificadora Bureau Veritas, entidade colaboradora de AEMOS, con traxectoria contrastada na materia.

As persoas interesadas en asistir deben inscribirse chamando ao teléfono 986 498 820 ou enviando un correo electrónico á dirección aemos@aemos.es, indicando nome, cargo e razón social da empresa.

24 de novembro de 2014 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.