Adicae prestará mañá no auditorio atención presencial e individualizada aos consumidores de electricidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Asociación de Consumidores críticos responsables e solidarios (Adicae) desenvolverá mañá pola tarde no Auditorio unha xornada informativa destinada a aclarar aos usuarios os conceptos do recibo da luz e polos cales pagan. A sesión, aberta a todo o público, comeza ás 18:30 horas e previamente, dende as 16:00 horas ofrecerase asesoramento persoal e individualizado previo concerto de cita a través do teléfono 986 22 66 42 ou do correo electrónico vigo@adicae.net

A atención presencial celebrarase mañá, mércores, 26 de novembro, na Sala de Conferencias do Auditorio, de 16 a 18 horas. Ás 18:30 horas dará comezo no mesmo lugar a charla informativa aberta a todos os interesados.

Os Servizos Sociais do Concello promoven esta actividade no marco das medidas tendentes a axudar ás familias a xestionar dun xeito máis eficaz as súas economías domésticas e a aforrar en todo o que se poida. O recibo de consumo eléctrico, tras a liberalización de prezos é a confusión xerada en torno a ela, é un dos puntos nos que aplicar estas medidas.

25 de novembro de 2014 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.