Ábrese o prazo de inscrición para o Diverteo Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

O Concello de Teo abre o prazo para anotarse no programa de conciliación Diverteo Nadal que funcionará os días das vacacións escolares en decembro e xaneiro. Trátase dun programa dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos empadroados en Teo.

O prazo para anotarse estará aberto dende o 24 de novembro ao 5 de decembro e para formalizar a inscrición hai que entregar a ficha no Rexistro Xeral do Concello. O acceso ao programa faise por rigurosa orde de inscrición. O número de prazas é de 95, máis 5 prazas de reserva para casos de emerxencia social.

O servizo funciona nas instalacións do colexios de Calo, Os Tilos e A Ramallosa en horario de mañá, de 07:45 a 14:45 horas. O custe é de 3 euros por participante e día. Nesta edición o custe total serán 30 euros xa que o Diverteo Nadal farase os días 22, 23, 24, 26, 29, 30, 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro.

A listaxe de persoas admitidas publicarase no taboleiro no Concello e na web municipal a partir do 10 de decembro. O pagamento debe facerse unha vez comprobada a admisión e entregar o xustificante de pago no Rexistro Xeral do Concello antes do 17 de decembro.

Campaña de esquí 2015

Dende o Departamento de Deportes tamén informan de que se abre o prazo para pre inscribirse na Campaña de esquí que realiza a Deputación de Coruña para os Concellos. Neste programa a Deputación asigna unhas prazas a cada Concello e uns días entre finais de xaneiro e mediados de marzo. A actividade será unha fin de semana en Manzaneda e poden participar nenos/as empadroados/as en Teo nados entre o 2001 e o 2005 ambos incluídos. Para formalizar a pre inscrición hai que entregar a ficha, que xa se pode descargar da web teo.gal, e entregala no Rexistro Xeral do Concello. No caso de haber máis solicitudes que prazas farase un sorteo público.

21 de novembro de 2014 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.