Ábrese o prazo de inscrición do Programa “Esquiou 2015” da Deputación de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Deputación de Ourense e OCA Manzaneda promoven un programa de actividades de inverno na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda denominado “Esquiou 2015” que ten como obxectivo achegar a práctica do esquí a rapaces e rapazas da provincia de Ourense, de idades comprendidas entre os 9 e os 12 anos. O prazo de inscrición para o programa está aberto ata o vindeiro 15 de decembro, e desenvolverase nos meses de inverno nas instalación da estación de montaña. Inclúe dúas noites de aloxamento, pensión alimenticia, curso de esquí e outras actividades complementarias. A duración do programa é de tres días, de luns a mércores, e os interesados deberán aboar unha cota de 29 euros. Máis información na páxina web da Deputación de Ourense ou na Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda.

27 de novembro de 2014 | 13:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.