publicidade hoxe

Abegondo inclúe na programación para maiores clases para o manexo do smartphone e redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O Concello de Abegondo acaba de lanzar un novo programa específico para os seus maiores. Con el pretende responder ás principais necesidades dun colectivo con gran presenza no municipio. O Concello propón 25 actividades para os maiores, introducindo a aprendizaxe de conceptos como as redes sociais ou idiomas. En concreto, o programa estrutúrase en 4 áreas, coas seguintes actividades:

> Área de saúde e benestar

– Taller de risioterapia
– Aula de memoria co ordenador
– Rutas saudables

> Área de novas tecnoloxías

– Uso de smartphone, tablet e ordenador
– Internet para a vida cotiá
– Redes sociais

> Área formativa e cultural

– Taller de memoria
– Teatro
– Taller de canto
– Tardes de cine
– Taller de medio ambiente
– Taller de repostaría creativa
– Aula de inglés
– Aula de francés

> Outros

– Bailes con música en vivo
– Saídas culturais
– Campionato de Tute

O goberno local deseñou un programa moi amplo para lograr atender os centros de interese deste colectivo. As novidades destacadas para este novo curso incumben ás novas tecnoloxías con fin de aprender a manexar novos dispositivos e as súas diferentes aplicacións, a posibilidade de aplicación para actividades cotiás e favorecer as relacións sociais a través de distintos cursos.

Destacada é a posta en marcha do I Campionato de Tute do Concello de Abegondo, en fase de organización. Potenciarase a participación de parellas das distintas parroquias que conforman o concello, sendo a primeira fase con eliminatorias entre as parellas inscritas en cada parroquia. As parellas con mellores resultados nesta fase eliminatoria continuarán co campionato. O baile do próximo 21 de novembro será a primeiro desta edición que se realizará no Centro Cultural O Salón (Mabegondo).

Aquelas persoas interesadas poderán inscribirse no departamento de Servizos Socias a partir do luns 10 de novembro. Todas as actividades están dirixidas especialmente a veciños de máis de 55 anos de idade. Para obter información poden porse en contacto co departamento de servizos sociais no 981 647996. A programación conta co apoio da Deputación da Coruña e da Consellería de Traballo.

10 de novembro de 2014 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.