ABANCA preséntalles aos empresarios de Redondela o seu plan de apoio ao tecido empresarial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+

ABANCA celebrou hoxe unha xornada informativa con empresarios de Redondela para presentarlles o seu plan de apoio ao tecido empresarial e as novas liñas de financiamento abertas pola entidade.O encontro organizouse en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela.

Na reunión participaron o director de Zona de ABANCA, Luis Martín Blanco Conde; a xestora pemes, Marta Alonso Fernández; e os directores das oficinas da entidade en Redondela, Enrique Dorrío e Camilo Guinarte.

Esta xornada encádrase na iniciativa de ABANCA “Ao teu carón antes que ninguén”, que inclúe máis de 70 reunións comarcais con empresarios por toda Galicia durante o último trimestre do ano. ABANCA prevé chegar a través destas reunións a máis de 4.000 empresarios galegos.

As xornadas están dirixidas principalmente a pemes, micropemes, autónomos e comercios. A entidade conta para a organización dos encontros coa colaboración de asociacións empresariais, de comerciantes, clústeres e as principais organizacións sectoriais da comunidade.

Nas reunións, responsables das distintas direccións territoriais e de zona de Banca Minorista de ABANCA -e nalgúns casos, tamén representantes de Banca de Empresas- explican aos empresarios a transformación acometida pola entidade na súa nova etapa e a súa aposta decidida por apoiar o tecido produtivo a través do impulso do crédito.

Os representantes de ABANCA detallan nestes encontros os grandes eixos do plan global de apoio á empresa, así como as novas accións e liñas de crédito abertas pola entidade para dar resposta ás necesidades de pemes e autónomos. Entre as últimas accións dirixidas ao tecido produtivo destacan o Plan Activamos e o Plan de Dinamización do Comercio galego.

Plan Activamos

Para o Plan Activamos, ABANCA comprometeu 202 millóns de euros en crédito a familias, pemes, autónomos e corporacións locais. No caso das empresas, este plan oferta financiamento nas mellores condicións do mercado para a posta en marcha de novos negocios, circulante, novas contratacións nos xa existentes, novos investimentos empresariais e a realización de actuacións que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética das empresas galegas.

12 de novembro de 2014 | 20:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.